13/10/11

Choiva na Coruña city por Carlos Regalado


Tarde de choiva na Coruña,
miro polos cristáis empañados,
acendo o porro que agarda fiel
a que alguén o fume,
ese vou ser eu.
Choiva na Coruña city,
cidade de reflexos,
armarios cheos de cadros,
complexos propios, e alleos...
Coruña city convertida en vento,
as gaivotas voan polo ar.
Os cadros saen dos armarios,
e os cegos, seguen sendo cegos.
Convertida en vento penitente,
tolemia e cordura xogan,
seguen no seu ir e vir,
mentres presente e pasado loitan.
Un vento penitente chora,
polas fiestras unhas mans ausentes.
Enriba dos tellados, os gatos rinse
sen que se lles escoite,
dos mártires mortos no frente.
Un penitente chora no ceo,
no inferno están a sorrir.
Auga, lume, xuntos no mesmo leito.
Abride os cadaleitos do porvir.