3/11/11

Realidade Cero con A vida é outra cousa

Escoitade o  noso programa de radio "A vida é outra cousa". Nesta xornada tratamos o tema da "Memoria Histórica". !Non ten desperdicio¡


RESUMO PROGRAMA SOBRE MEMORIA HISTÓRICA
“A VIDA É OUTRA COUSA” 25/10/2011
    • O programa tivo tres partes. Na primeira, unha serie de textos contaban a historia dos ceros, cifras que simbolizaban as persoas vivindo no réxime franquista. Cifras que estaban condicionadas pola relixión, polo autoritarismo, polo militarismo. Pero que, de súpeto, sufriron unha pequena transformación, a dos decimais. Estes decimais representan o imperfecto do réxime, a rebeldía que se manifestaba en loita armada (a guerrilla) contra a ditadura.
    • Na segunda parte, deuse lectura a un texto dun preso político galego, Perfecto Lorenzo Calviño, quen estivo máis de catorce anos en distintos cárceres de todo o estado, entre eles, a illa de San Simón e o penal de Burgos. En clave poética, Perfecto lembra todas aquelas sensacións que viviu nos seus anos de prisioneiro do réxime franquista.
- A terceira parte – logo do anuncio da próxima mobilización da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, que consistirá nunha marcha de Sada a Meirás, para esixir a devolución do pazo-, consistía nunha entrevista ao escritor Manolo Rivas, sobre as súas impresións sobre o movimento da recuperación da memoria histórica, tamén sobre as obras da súa autoría que tratan temas relacionados co tema do programa, así como as súas opinións sobre o mesmo.