19/12/11

Realidade Cero con "A vida é outra cousa"


Escoita o programa dende o enlace seguinte:
http://www.ivoox.com/a-vida-e-outra-cousa-13-decembro-audios-mp3_rf_946197_1.html

ZooPolitiK
 Hienas, virus, demos de area, micenio, parasitos, talos subterráneos e raíces adventicias, serpes oceánicas, toupas e toupeiras, carreiros de prata, silicio, os cans, os cínicos, enxames, pestes, pragas, bits, Lexión, Pazazu, o Grifón, Bar-Juchne, Behememot e Leviatán, baleeiros, piratas e nómades do deserto, tamén hackers. Non atopamos mellores aliadas para pensar o que sucede, non tanto a simple actualidade como os acontecementos, é dicir o que nela irrompe trastornando as súas ordes.”
Aínda que non o pareza, este é un libro sobre o 15M.
Así se presenta zoopolitik, unha aproximación zoolóxica e en aberto ao movemento 15M.
Zoopolitik, o último proxecto, en forma de libro, da Universidade Invisibel unha rede de activistas, investigadores e creativos, esteada na Galiza.
Unha análise interdisciplinar do #15M redactado polo antropólogo Antón Fernández de Rota, o tamén antropólogo Carlos Diz, o sociólogo Martín Cebreiro e o filosofo e blogger Rosendo González, todos eles especializados no estudio da cultura política e os novos movementos sociais.
Martín Cebreiro López. Sociólogo de formación, especializouse nos seus estudos de posgrao nas migracións internacionais, no tocante ao asociacionismo migrante e os Centros de Internamento para Estranxeiros [CIE's]. Membro da Asociación Sen Papeis da Coruña, participou nas comisións de traballo de #acampadacoruña e mas asembleas de barrio xurdidas do #15M. Na actualidade investiga acerca da relación entre migración, música e formas de vida a través da historia da música xamaicana.
contacto: mcebreirolopez[arroba]gmail.com
Rosendo González. Estudante de filosofía na UNED, colaborou nos últimos anos co Equipo I+D “Análise da cultura en acción dos novos movementos político-sociais” da UDC. Ten por liñas principais de investigación a biopolítica, a cultura e filosofía do espectáculo e as novas formas de guerra, temáticas sobre as cales escribiu varios artigos e impartiu numerosos seminarios. Como blogueiro divulga a súa producción intelectual dende A Cidade Tecnicolor [www.ciudadtecnicolor.wordpress.com]. É coeditor xunto con J.A. Brandariz e A. Fernández de Rota do libro “Globalización en crisis, Gubernamentalidad, control y política de movimiento
contacto: rosendo.gonzalez.nunez[arroba]gmail.com
Zoopolitik [www.zoopolitik.com]
Universidade Invisibel [www.invisibel.net]