5/1/12

Realidade Cero con Carlos Regalado

"Poesía dun Atardecer"


 Na praia

  I

Hipnotizado polas ondas, 
polo seu son hipnotizado,
pecho os ollos da materia
e ábrome, a cegas,
ás sutilezas dun mar calmo.
Os sonoros rechouchíos
dos estorninos aló no alto
reproducen o algarabío
interno da miña mente,
tal é a ausencia do meu quebranto.
Ausencia plena de confusión,
ausencia, ausencia miña,
da miña dor.
Ausencia fresca,
limpa de temor.
Atardeceres dun resplandor.
Reflexos breves do mar azul,
reflexos quentes do meu solpor,
ondiñas suaves,
cheas de luz,
preñade as sombras 
do que onte eu fun.