23/1/12

Realidade Cero con Carlos Regalado (fotografía)

Qué é iso que soa?

Untitled by Carlos Regalado

Untitled, a photo by Carlos Regalado on Flickr.
A rúa, fonte de vivencias,lugar de paso e de paseo para as almas que nela buscan as últimas ofertas da tempada,ou quizáis, as primeiras novas do día. A rúa,
centro de interaccións químicas en que se mergullan tempo e espazo cun propósito que se nos escapa das mans cheas de papeis,
bolsas...ou sinxelamente, mans que non se atopan a unha coa outra por mor dun bico
non dado no momento axeitado. A rúa, teatro de máscaras, teatro dos soños diría algún, teatro a secas digo eu. É neste teatro onde decidín
plantar a miña cámara de fotos,esa prolongación artificial do meu ollo, e da miña percepción, e recoller testemuña da relación espírito-mercantil que xorde cando unha personaxe anónima se detén
con tranquilidade toureira, e nos ofrece unha paisaxe diferente deste noso hábitat urbano, paisaxe que pasa inadvertida para algúns insomnes, e que para outros
significa un oasis no medio do deserto, oasis sonoro que esperta o neno que levamos dentro, que nos achega a nós mesmos en clave de sol, aínda que só sexa
por unha fracción de segundo, segundo que se converte en eternidade.