12/2/12

Realidade Cero con Carlos Regalado


No parque

 I

Amor que me levas paseniño
polas beiras do río Miño,
soleada fragancia
das augas da miña infancia.
Outras veces me levas da man
polas montañas en pleno inverno,
terras ateigadas de néboa
que eu profundamente tanto quero.