22/2/12

Realidade Cero con Chantada Alternativa

24, 25 e 26F Fin de semana alternativa en Chantada

Programa da fin de semana

venres 24

19:30 asamblea popular aberta Chantadina na Praza do Cantón
mira as propostas e contribue neste documento colaborativo http://piratepad.net/78lTrbnB1S

sábado 25

10:30 dará comezo o foro galego de asambleas de cidades e vilas galegas (maña e tarde come ven sendo o acostumado). Xa abrimos un pirate pad (documento colaborativo virtual) http://piratepad.net/rtSaa1DvOc para poder ir facendo o traballo previo propio do foro. Animádevos a ir subindo documentos, puntos para a orde do día.  Lugar exacto, praza do Cantón.

21 horas cea (para participantes, invitados, organizadores e quen lle cadre)

domingo 26

10:30 pola maña - actividade no medio natural, tirolina e relaxacións e meditacións guiadas

17 horas - charla do gran Felix Rodrigo Mora que intentará acompañarnos durante toda a fin de semana (recoméndovos que lle vaiades botando un vistazo os seus videos porque este escritor e analista político tenche un discurso ben avanzado) e charla de saúde ambiental pola asociación Mercuriados de Santiago de Compostela



Temos todo o apoio do concello, haberá electricidade, wifi (intentaremos facer o foro por streaming, inda por confirmar) e están abertos a colaborar na medida das súas posibilidades. O do xantar coma sempre, intentaremos estar a altura dos anteriores foros.

Queremos invitarvos que participades toda a fin de semana (sábado e domingo), polo que para a xenter que avise con tempo teremos o voso dispor o coñecido "aloxamento solidario", agradécese que vaides confirmando (escribideo no pirate pad http://piratepad.net/rtSaa1DvOc) cantos ives de cada asamblea os diferentes actos:
-foro
-cea sábado
-aloxamento solidario sábado
-camiñata domingo
-transporte dende Coruña

Recordade tamén que hai un fio aberto no foro de n-1 no grupo de 15M Galicia https://n-1.cc/mod/threaded_forums/topicposts.php?topic=1160305&group_guid=388441

Tamén hai un evento no facebook, movédeo!! :-) o evento chámase "24 25 e 26F Fin de semana alternativo en Chantada"

O martes anterior o foro, día 21 de febreiro ás 22 horas faremos un programa especial dende a radio comunitaria da Coruña co tema do foro, para ir traballando o tema e darlle difusión. Agradécense voluntarios de cada asamblea para participar en directo ou vía telefónica (confirmar canto antes). Poderédelo escoitar en www.cuacfm.org e na Coruña no 103.4 de fm

Agradécese tamén se lle dades difusión nos medios ademáis de entro os contactos das diferentes asambleas, o ser un evento de carácter autonómico, ven se pode enterer que ten cabida radio, prensa, televisión e redes a escala galega. E unha sorte poder ter a Felix Rodrigo Mora en Galicia y penso que sería boa idea difundilo, non se coñece moito pero ten unhas ideas ben caralludas, deixovos algúns video del
http://vimeo.com/24984298
http://vimeo.com/30972906
http://vimeo.com/32464409

Apertas, do colectivo local chantadino, estamos en contacto.