24/1/14

Saul Puskin grita por una Galicia libre


 17 de maio (Homenaxe á memoria do campo)
 
 Por riba de bandeiras e de cores,
de voces e presenzas,
e de lendas que morren o espertar o dia,
ca teima da luita...

esta a dignidade do home,
que dende o berce o cadaleito,
traballa cas súas mans
a eira que lle da de comer...

a única que lle ha de pertencer,
e na que os seus fillos han de continuar o feito
alén das liñas imaxinarias
que cercan o pensamento...

e esbardallan no vento
a maxia da terra
que agora soterra o sentimento
dos corazóns latexantes de tódolos galegos...

que coma min, han de vivir axiña,
rindo a morriña, lonxe do fogar,
preto da lúa, lonxe da realidade,
preto dos sonhos, onde a Galiza e ceibe e unha...

Saul Puskin



Sitio web: