Poesía dun atardecer




Madrid-Angrois

Santiago, hoxe as túas rúas
vístense tristes e belas.
Tristes pola negra morte,
belas, belas e valeiras.
Camiñantes da túa angustia,
hoxe percorren pedra a pedra,
cos ollos cravadiños no infinto,
e a carraxe, e a pena.
Santiago, hoxe morres, mañán espertarás.
Deixarás o teu medo na cuneta,
e a carraxe, e a pena,
e a longa noite, negra noite negra.



Na praia

I

Hipnotizado polas ondas, 
polo seu son hipnotizado,
pecho os ollos da materia
e ábrome, a cegas,
ás sutilezas dun mar calmo.
Os sonoros rechouchíos
dos estorninos aló no alto
reproducen o algarabío
interno da miña mente,
tal é a ausencia do meu quebranto.
Ausencia plena de confusión,
ausencia, ausencia miña,
da miña dor.
Ausencia fresca,
limpa de temor.
Atardeceres dun resplandor.
Reflexos breves do mar azul,
reflexos quentes do meu solpor,
ondiñas suaves,
cheas de luz,
preñade as sombras 
do que onte eu fun.

    II  

Quente ou frío, 
sons dun desvarío 
que apenas sí
recordo no horizonte.
Morno estadío
dunhas mans pacientes,
augas florecentes
na época do estío.
Charlas a pleno sol,
baños, dulces cancións,
praias cheas de recordos,
cheas de satisfaccións. 


A calidez embriagadora
deste sol dun outono
que non se amosa,
tímido, tan cheo de sono.
Soñando que soña
con cálidos atardeceres,
olvídase de mudar as follas,
follas que morrer no chao queren.
Olvídase de vestilas
do bermello outonal,
cor que representa
a festividade floral.
Follas de bermello enloitadas,
que celebran a chegada da boa morte,
loito colorido de outono,
follas que comprenden a súa sorte.

No parque

 I

Amor que me levas paseniño
polas beiras do río Miño,
soleada fragancia
das augas da miña infancia.
Outras veces me levas da man
polas montañas en pleno inverno,
terras ateigadas de néboa
que eu tanto quero.

II



Ti máis eu, as veces

A rabia contida no meu interior,
a túa falta de mesura.
Os berros a deshora,
as cancións de cuna.
Rueiros sen saída, 
primaveiras sen flor.
Un amor que perdura
entre a tolemia e a paixón



Bendita obsesión

Non acado a imaxinar,
nin sequera nun tempo lonxano,
unha concepción da muller
que se afaste do teu bendito encanto.
Non me afago á idea
de navegar por outras augas
sen que no seu sabor mesture
o dulzor das túas miradas.
Quero ser o amor da túa vida,
quero a vida que emerxe de teu amor,
dame o sol que se agocha nas túas ruínas,
eu cantareiche a máis sinceira das cancións.



Ata loguiño meu amor

E agora,
síntote na distancia.
As miñas náuseas afloran
un mar de confusión.
Agárrome fiel,
ó único cravo ardendo,
ese derradeiro cravo
que é avivado polo Amor.
As rúas están valeiras,
valeiras no meu corazón,
namentres, paseo...
ata reencontrarnos
narciso en flor.
As rúas están valeiras,
¡valeiras!
Pola túa incomprensión,
mentres eu, paseo e paseo,
ata reencontrarnos
flor anegada de desesperación.



Ollada esteril

Miña querida mirada,
estáncase contaminada,
e os peixes que chegan
quédanse atoados sen diciren nada.
Lascivia propia do galán,
do falso galán,
mestura enturbiada
sen semente nin afán.







Licencia Creative Commons


Poesía dun atardecer por Carlos Regalado se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 3.0 Unported.